Share
25/05/2026 - 16:30h | Centro Galego de Arte Contemporánea | Santiago de Compostela

Galicia Escena PRO: Transparentar

  • Enésima

Galicia Escena PRO: Transparentar
Galicia Escena PRO

Transparentar é un espectáculo de danza-teatro da compañía Enésima que reflexiona sobre a xeración de cristal: é realmente fráxil ou transparente?

Creado por Bal Castro e Inés Santos, artistas da xeración Z, combina poética corporal cun ton irónico para cuestionar a identidade xeracional, o esgotamento e o papel do sistema. Aborda temas como a incerteza do futuro, o sufrimento colectivo e a saúde mental, e propón que esta xeración non só expresa a súa vulnerabilidade, senón que tamén fai visibles as carencias sociais. A peza crea un espazo de diálogo interxeracional e transita entre o artificial, a introspección e a liberación.

Enésima é unha compañía de artes do movemento creada por Inés Santos e Bal Castro, tras formárense en teatro físico na ESADg e en danza contemporánea en Porto. Xorde como un espazo de experimentación corporal, sonora e escénica, centrado na vulnerabilidade e na investigación artística.

Transparentar está apoiado por El Palacio. Residencias Artísticas y Acción Cultural, de Xixón, e polo Colectivo RPM.

A PARTIR DE 14 ANOS

DANZA-TEATRO

50 MINUTOS

FICHA ARTÍSTICA

Autoría: Bal Castro, Inés Santos

Dirección: Bal Castro, Inés Santos

Elenco: Bal Castro, Inés Santos

Escenografía: Enésima

Iluminación: Javier Castiñeira

Son: Babykatze, David Lois

Vestiario: Enésima

Música: Babykatze, David Lois

Información sobre o acceso ao espectáculo na web de Galicia Escena PRO