Share
03/06/2025 - 11:00h | Teatro Principal | Santiago de Compostela

Galicia Escena PRO: Bulebule

  • Os Náufragos Teatro

Galicia Escena PRO: Bulebule
Galicia Escena PRO

Bulebule é unha travesía cara á igualdade que busca poñer en valor outras formas de ser e estar no mundo. A través da historia de Candela, unha moza curiosa e enérxica, a peza aborda con tenrura a igualdade de xénero, a visibilización das mulleres pioneiras nos oficios do mar, o TDAH e o coidado do medio mariño.

Candela busca o seu lugar nun mundo que non sempre a entende. Acompañada por Bruno, que vive nun faro, fai que nos mergullemos nunha travesía que, entre redes, música e salitre, convida a reflexionar sobre a diversidade, os estereotipos e as barreiras invisibles que afectan ás mulleres que se afastan da “norma”.

 

Autoría: Gustavo del Río

Dirección: Gustavo del Río

Elenco: Irene Lorenzo, Jimmy Núñez

Escenografía: Claudia L. Franco

Iluminación e son: Daniel Pais

Vestiario: Os Náufragos Teatro

Música: Daniel Valentín

Asesoría dramática: Verónica Rego

Axudantía de dirección: Rebeca Vecino

 

FAMILIAR

TEATRO

40 MINUTOS

 

Galicia Escena PRO é o mercado profesional das artes escénicas galegas, organizado pola Xunta de Galicia e a asociación Escena Galega en Santiago de Compostela do 2 ao 5 de xuño de 2025.

O público xeral pode acceder de balde aos espectáculos programados, previa retirada de convites durante os días do evento no Museo das Peregrinacións e de Santiago (praza de Praterías s/n) en horario de 9,00 a 14,00 e de 16,00 a 19,00.

Máis información