Share
03/06/2025 - 12:00h | Auditorio Abanca | Santiago de Compostela

Galicia Escena PRO: Todo lo posible

  • Nueveuno circo

Galicia Escena PRO: Todo lo posible
Galicia Escena PRO

Todo lo posible é un espectáculo de circo contemporáneo que fala da nosa relación co éxito, a necesidade de aprobación, as envexas, o amor e os aplausos. Un espectáculo que aborda o concepto social do éxito e o impacto que ten en nós como artistas, a través dos malabares, a maxia escénica, a música en directo, o son, o texto, a iluminación, as vídeo-proxeccións e as nosas experiencias reais como compañía de circo.

É unha loucura querer gustar a todo o mundo? É un límite? Un motor? Que é o éxito para ti?

Premio Talía 2025 ao mellor espectáclo de circo, outorgado pola Academia de las Artes Escénicas de España.

 

Autoría: Nueveuno circo

Dirección: Jorge Silvestre

Elenco: Jorge Silvestre, Nico Nale, Miguel Frutos, Fernando Santa-Olalla

Adaptación: Laura Presa, Fernando Gallego

Escenografía: Vanessa Actif

Iluminación: Carlos Marcos

Son: Manu Solís

Vestiario: Vanessa Actif

Música: Vaz Oliver

 

TODOS OS PÚBLICOS, A PARTIR DE 6 ANOS

CIRCO CONTEMPORÁNEO

65 MINUTOS

 

Galicia Escena PRO é o mercado profesional das artes escénicas galegas, organizado pola Xunta de Galicia e a asociación Escena Galega en Santiago de Compostela do 2 ao 5 de xuño de 2025.

O público xeral pode acceder de balde aos espectáculos programados, previa retirada de convites durante os días do evento no Museo das Peregrinacións e de Santiago (praza de Praterías s/n) en horario de 9,00 a 14,00 e de 16,00 a 19,00.

Máis información