Galicia Escena PRO: Ubasute
Berrobambán

Ubasute é o texto máis recente da dramaturga Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023. Foi recoñecido pola revista Babelia como un dos cinco mellores textos editados en galego (Editorial Galaxia) en 2024. A peza é finalista na categoría de teatro dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2025. Ubasute é un termo xaponés que significa, literalmente, “abandono dunha persoa anciá” e refírese ao presunto costume de deixar nunha montaña ou nun lugar afastado un parente vello ou enfermo. A nova proposta de Berrobambán conxuga xéneros e abre enigmas para colocar a atención na reflexión arredor do abandono.
Ubasute estreouse en marzo de 2025 na Casa da Cultura do Milladoiro, Ames.
Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais
Autoría: Paula Carballeira
Dirección: Vanesa Sotelo
Elenco: Rocío González, Xosé Barato, Lez Cameselle
Escenografía: Beatriz de Vega, Chiqui Pereira, Diego Castro, M. P.
Iluminación: Beatriz de Vega, Chiqui Pereira, Diego Castro, M. P.
Son: Nvelar
Vestiario: Lola Armesto Lombardía
Música: Nacho Sanz
Imaxe gráfica: nadina gráfica
Gravación: Míriam Rodríguez
Produción: Chiqui Pereira
ADOLESCENTE E ADULTO
TEATRO
60 MINUTOS
Galicia Escena PRO é o mercado profesional das artes escénicas galegas, organizado pola Xunta de Galicia e a asociación Escena Galega en Santiago de Compostela do 2 ao 5 de xuño de 2025.
O público xeral pode acceder de balde aos espectáculos programados, previa retirada de convites durante os días do evento no Museo das Peregrinacións e de Santiago (praza de Praterías s/n) en horario de 9,00 a 14,00 e de 16,00 a 19,00.