Galicia Escena PRO: Aurora Boreal
Paula Quintas Cía.

Aurora Boreal, unha peza de danza contemporánea que convida á contemplación e á reflexión sobre a fugacidade da vida e a súa conxelación fronte a unha sociedade de consumo fugaz. Partindo dunha estética nórdica e unha forte inspiración nas luminosidades fugaces das xeografías do norte, Aurora Borealexplora tamén a velocidade e a serenidade do efémero. Aurora Boreal non só é unha obra de danza contemporánea, senón un convite a experimentar a beleza do tránsito da vida e da natureza. Un espazo para a reflexión, a paciencia e a admiración.
Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais
Autoría: Paula Quintas
Dirección: Rut Balbís
Elenco: Paula Quintas
Escenografía: Octavio Mas, Xacobo Castro
Iluminación: Octavio Mas
Vestiario: Jandro Villa
Música: Macarena Montesinos, Nacho Muñoz
Asesoría de movemento: Tanit Cobas
Composición audiovisual: Carla Andrade
Foto: Alberte Peiteavel, Miramemira
Asesoría artística: Manu Lago
Deseño gráfico: Eva Díaz
Son: Macarena Montesinos, Nacho Muñoz
A PARTIR DE 12 ANOS
DANZA CONTEMPORÁNEA PARA SALA
50 MINUTOS
Galicia Escena PRO é o mercado profesional das artes escénicas galegas, organizado pola Xunta de Galicia e a asociación Escena Galega en Santiago de Compostela do 2 ao 5 de xuño de 2025.
O público xeral pode acceder de balde aos espectáculos programados, previa retirada de convites durante os días do evento no Museo das Peregrinacións e de Santiago (praza de Praterías s/n) en horario de 9,00 a 14,00 e de 16,00 a 19,00.