Galicia Escena PRO: Un deus salvaxe
Talía Teatro

Dous matrimonios, adultos e civilizados, atópanse para resolver un incidente protagonizado polos seus fillos pequenos: un deles partiulle dous dentes ao outro nunha pelexa no parque. Nada que uns pais civilizados non poidan resolver. Con este sinxelo argumento, Yasmina Reza compón unha sátira da sociedade contemporánea e fai unha disección, con moito sentido do humor, das relacións de parella, da educación, da competitividade... pero, sobre todo, do exceso de corrección política.
Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais
Autoría: Yasmina Reza
Dirección: Artur Trillo
Elenco: María Ordóñez, Dani Trillo, Marta Lado, Toño Casais
Adaptación: Artur Trillo
Escenografía: Dani Trillo
Iluminación: Dani Trillo
Son: Diego Rey
Vestiario: Martina Cambeiro
Música: Manu Abraldes
ADULTO, NRM 13 ANOS
TEATRO
Galicia Escena PRO é o mercado profesional das artes escénicas galegas, organizado pola Xunta de Galicia e a asociación Escena Galega en Santiago de Compostela do 2 ao 5 de xuño de 2025.
O público xeral pode acceder de balde aos espectáculos programados, previa retirada de convites durante os días do evento no Museo das Peregrinacións e de Santiago (praza de Praterías s/n) en horario de 9,00 a 14,00 e de 16,00 a 19,00.