Galicia Escena PRO: María Visitación Consolación Amadora
Loia Producións

Da man de Mariña coñeceremos a María Visitación Consolación Amadora. Diante de nós, anacos da súa memoria, coma se se tratase de traxes, padróns, arranxos que fixo ao longo da súa vida. Con ela coñeceremos o mundo das costureiras, o que as rodeaba social e economicamente, como foi a súa transformación. Axiña descubriremos que detrás está Lola.
Este espectáculo está baseado en máis de corenta historias de vida de costureiras, maioritariamente recollidas no proxecto Corcosendo do Instituto de Estudos Ulloáns. Queriamos poñer o foco na figura da costureira como patrimonio inmaterial galego. Vai por elas.
Autoría e dirección: Paloma Lugilde
Elenco: Aida Cobas, Clara Tallón, Miguel Varela
Adaptación: Paloma Lugilde
Asesoramento lingüístico: Rosa Moledo
Escenografía: Paloma Lugilde
Iluminación: Alfredo Sarille
Son: Miguel Varela, Paloma Lugilde
Vestiario: Dánae Mariño, Palimoco
Música: Miguel Varela
ADULTO
TEATRO
75 MINUTOS
Galicia Escena PRO é o mercado profesional das artes escénicas galegas, organizado pola Xunta de Galicia e a asociación Escena Galega en Santiago de Compostela do 2 ao 5 de xuño de 2025.
O público xeral pode acceder de balde aos espectáculos programados, previa retirada de convites durante os días do evento no Museo das Peregrinacións e de Santiago (praza de Praterías s/n) en horario de 9,00 a 14,00 e de 16,00 a 19,00.