11/10/2025 - 12:00h
| Teatro Principal
| A Estrada
Fala, fala, falangueira
Matrioshka Teatro
Rede Galega de Teatros e Auditorios
O mundo das palabras amosado por dúas actrices que exploran como foron transmitidas de xeración en xeración, de Matrioshka a Matrioshka, que se moven entre a luz da memoria e do esquecemento, unhas usadas dende hai séculos, outras xa esquecidas, e outras recén estreadas, configurando momentos de diversión e reflexión, creando combinacións que abren as portas da curiosidade sobre a historia da nosa lingua entre o público familiar e infantil a partir de 7 anos.
Fala fala falangueira, é un espectáculo que nace do amor e respecto pola nosa lingua galega.