11/10/2025 - 18:00h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
1982: unha crónica cultural
Espello Vídeo Cine, 1982
Espello Vídeo Cine: unha crónica da Galicia dos oitenta
A segunda das sesións dedicada ao fondo videográfico de Espello Vídeo Cine centrarase na actividade cultural da cidade da Coruña en 1982. Proxectaranse as seguintes pezas:
- Festa da poesía no Teatro Rosalía, abril de 1982.
- I Concurso de Rock, xullo de 1982 (precursor do Noroeste Pop Rock).
- Festival de cine de comedia, outubro de 1982.
Tras a proxección haberá un debate moderado polo xornalista Cándido Barral, voz en off e entrevistador en moitos traballos de Espello. Intervirá tamén Nonito Pereira Rey, especialista en música, quen formou parte do xurado dese primeiro concurso de rock.