Share
10/10/2025 - 20:30h | Auditorio Municipal Cine Alovi | As Pontes de García Rodríguez

TROMSØ

  • Espectáculo teatral a cargo de Morraoconto

TROMSØ
Rede galega de teatros e auditorios

Cando un ser querido nos deixa, o baleiro que queda énchenos dun silencio que, ás veces, nunca conseguimos facer desaparecer. Un silencio que se aferra ao corazón apagando para sempre parte da súa luz. Tromsø é unha reflexión en clave de humor dende a perda. Sobre a vida, a morte e todo o que queda entre medias. É un canto á tristura pero tamén á esperanza. Unha viaxe épica polos mares do norte, navegando tormentas, fiordos e enormes cardumes de arenque, na procura de respostas nun lugar onde as candorcas, co seu canto, desgarran o silencio salvaxe da aurora boreal.

MORRAOCONTO é unha compañía de recente creación conformada por profesionais do teatro, a danza e as artes gráficas, que deciden apostar por unha plataforma de xestión propia coa que levar a cabo diferentes proxectos colaborando con artistas e profesionais de diferentes eidos. A experimentación, a divulgación e a denuncia social son temas que nos atravesan e que quedan reflexados no seu traballo.