Share
17/11/2022 - 21:30h | Auditorio Municipal Gustavo Freire | Lugo

Diógenes

  • Espectáculo a cargo de Lîlâ Teatro

Diógenes
Rede galega de teatros e auditorios

"O autocoñecemento que se convirte nunha vertixinosa viaxe hacia as entrañas da psique.

Un intento de purificación da alma a partir dunha brutal vivencia que esnaquiza o ego obrigando á análise das propias paixóns dende o lugar da contemplación de unha vida aparentemente plena.

A eterna disputa respecto ao vínculo existencial entre virtude e felicidade, que exixe levar á práctica a auténtica sabedoría, a sabedoría innata coa súa busca constante da ledicia do espírito.

Segundo Sócrates todos os seres humanos desexan acadar a Eudaimonía máis que calqueroutra cousa na vida.

Esta obra abarca o concepto de alma dende o hedonismo filosófico. A arte de vivir en liberdade fronte o materialismo e as aparencias. O ser a cambio do ter. A construción do propio destino dende do noso libre albedrío.

Un cínico do século XXI en contra dun poder arrogante que insiste en desacreditar os verdadeiros valores existenciais."