Share
17/11/2022 - 23:30h | Club Clavicémbalo | Lugo

Valentín Caamaño Quartet

  • Concerto a cargo de Valentín Caamaño

Valentín Caamaño Quartet
Rede galega de música ao vivo

Presentación do disco “All The Gods”. Gravado o pasado 13 de marzo do 2020 nos estudos Savik Sound de Ponte Caldelas polo cuarteto de Jazz Valentín Caamaño Quartet, e editado polo selo discográfico Tiny Moon Records. Salvo un tema do disco, tódalas composicións son orixinais (temas compostos por Valentín Caamaño e un tema de Alfonso Calvo). O cuarteto está formado ademáis de Valentín Caamaño, polos músicos Xosé Miguélez ao saxo tenor, Alfonso Calvo ao contrabaixo e Miguel Cabana á batería. Todos eles músicos destacados do jazz galego.