Share
16/11/2024 - 23:00h | Clavicémbalo | Lugo

DayDream Sessions

  • Jazz sesión

Daydream Sessions
Rede Galega de Música ao Vivo

Daydream Sessions é un proxecto artístico colaborativo, ideado por Guzmán (Sergio Abuín), Bluz (Adrián Arias) e Decsus (José Ángel Sánchez), cuxo obxectivo é crear unha comunidade artística a través de jam sessions. Tras o seu primeiro ano, a comunidade alcanza os 130 colaboradores e ten feito 22 sesións distintas por toda Galicia.

É un proxecto aberto a distintos estilos, como poden ser o neosoul, hip hop, música latina, rock alternativo... feito desde a ilusión de coñecer a artistas con inclinacións similares e á vez distintas.

Daydream Sessions é a nave que nos leva ao mundo dos soños. "Are you having a nice dream?"