Inés Carreño
Presentación de 'Llanto, risa y calma'

Presentación de Llanto, risa y calma, primeiro traballo discográfico de Inés Carreño, unha selección de cancións de diferentes estilos como: música tradicional, cancións latinas ou standadrs de jazz, cantado en diferentes idiomas que inclúen: galego, español, italiano e inglés.
A canción que lle dá título ao disco é unha composición propia, que está inspirada na súa vida e na incrible experiencia de ser nai. Unha canción con tinguiduras sonoras do blues e música do sur de España.
Inés Carreño consegue dar unha unidade sonora a todo o repertorio co doce, aterciopelado e contundente timbre sonoro da súa voz, cantando dunha maneira íntima e persoal, acompañada por unha formación acústica, con: Iago Mouriño ao piano , Pablo Pérez ao contrabaixo, Sergio González á batería e Pablo Castaño ao saxofón alto.