Share
27/07/2025 - 20:30h | Praza da Constitución | Betanzos

Crunch 2!

  • Muu

Crunch 2!
Cultura no Camiño

Volven os dous superheroes máis queridos do circo nesta nova aventura. Unha viaxe temporal aos seus comezos, volver á escola por non sacar o título. 

Quen non soñou con iso? Un mundo no que non es ninguén sen un título. Novos inimigos, novas aventuras, novos desafíos. Un espectáculo familiar cheo de malabares, caídas, golpes, corda frouxa, risas e equilibrios imposibles. Máis que nunca é tempo de superheroes!