Share
27/07/2025 - 20:00h | Campo da Festa de Bertola | Vilaboa

Charlatán Rodríguez

  • Espectáculo de teatro a cargo de Rendos Pequeno

Charlatán Rodríguez
Cultura no Camiño

Un charlatán chega á vila coa súa lingua afiada, os seus instrumentos afinados e seu posto de venda ateigado de remedios para todos os males.

Armado de retranca e coa sabedoría que dá percorrer todos os camiños, será quen de vender ao público menciñas que non necesitan a prezos que non poden pagar, cun catálogo infinito de solucións inútiles para problemas inexistentes, laretadas baleiras, melodías inventadas, pequenas grandes ilusións e contos de impostor. Porque o noso protagonista sabe sempre o que a xente quere escoitar.

Dirixido por Fran Rei, Félix Rodríguez mestura nesta súa primeira montaxe música, comedia, maxia e moita participación, nun espectáculo para todos os públicos.

Non se deixen confundir: moinantes hai a moreas, pero ninguén engana co humor, o ritmo, a empatía e a arte de Charlatán Rodríguez.