Share
27/07/2025 - 22:30h | Praza do Concello | Baiona

Conexións có(S)micas

  • Espectáculo de teatro a cargo de Cía. Diana Siera

Conexións có(S)micas
Cultura no Camiño

"AWESOME!". Revista Rolling Stone

"NUNCA TAL VICHES". La Voz de Galicia

"PARECÍA UNHA CHAVALA NORMAL". Veciña

Conexións Có(s)micas enlaza premisas que non se conectarían en ningún outro cerebro.... ata que chega Diana!

Gayoso e Madonna? Benetton e o Carnaval en Cabo de Cruz? A trascendencia e os chocapics?

Unha hora de humor absurdo onde non faltan referencias á vida cotiá, feito coa enerxía dunha muller brava nacida á beira do mar.

“O peor que che pode facer alguén é chamarte normal”, dixéralle unha vez unha gran amiga. E así é. A meta de Diana Sieira, ademáis de facer rir a esgalla ó público, é sempre intentar marcar a diferencia. “Para o demáis xa están os demáis”, como ela mesma afirma. (Ou quizais o dixera antes Amistades Peligrosas?). Debe ser por isto que unha das "marcas da casa" son as súas coñecidas cancións cómicas.