Share
13/05/2026 - 19:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Crónica de los años de fuego

  • Mohammed Lakhdar-Hamina, 1975

Crónica de los años de fuego
Territorios mutantes

A través dos ollos dun campesiño, segue diversos acontecementos históricos entre 1939 e 1954 que explican o contexto que desembocou na guerra da independencia por Alxeria. Rodada con grandes medios, ao estilo dunha superprodución épica, é un dos filmes máis relevantes da historia do cinema alxeriano. Obtivo a Palma de Ouro en Cannes.

 

Restauración apoiada pola Hobson/Lucas Family Foundation. Esta restauración fai parte do African Film Heritage Project, creado pola The Film Foundation, FEPACI e UNESCO – en colaboración con Cineteca di Bologna – para axudar a localizar, restaurar e difundir o cinema africano.