Share
12/05/2026 - 20:30h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Programa 3 | Colectivo NEOZOON : «navegar, observar, reeditar»

  • Colectivo NEOZOON, 2012-2026

Programa 3 | Colectivo NEOZOON : «navegar, observar, reeditar»
Permanencia do efémero

O colectivo de realizadoras Neozoon leva a cabo, desde hai quince anos, unha lectura única das redes sociais e da cidadanía que as poboa e nutre. A partir de asombrosas remontaxes rítmicas e collaxísticas, afondan nos comportamentos sociais colectivos desmiuzando as súas autorepresentacións e obsesións, deambulando entre a diversión e a incomodidade, lidando con conceptos como a fe, a virilidade, o sadismo ou as complexas relacións dos seres humanos co resto de seres animais. A súa mirada sagaz e as súas técnicas de montaxe diseccionan o alude de expresións na rede para formar un ilimitado mosaico de micropantallas, espello catártico da nosa sociedade.