18/12/2024 - 18:00h ~ 19/12/2024 - 20:30h
          | Filmoteca de Galicia
              | A Coruña
      
  Cléo de 5 a 7
- drama, nouvelle vague, clásico
 
Universo Agnès Varda
  
  Cléo, unha moza nos inicios da súa carreira como cantante, agarda os resultados dunhas probas que determinen posiblemente se ten ou non unha enfermidade mortal. Asistimos á súa espera, acompañada do transfondo da guerra de Alxeria, a partitura de Michel Legrand, secundarios como Jean-Claude Brialy e José Luis de Vilallonga e cameos de Anna Karina, Jean-Luc Godard e Eddie Constantine.
