Share
20/12/2024 - 20:30h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Equipo 64

  • documental, santiago, patrimonial

Equipo 64
Materiais para unha historia do cine en Galicia

Gonzalo Anaya, Enrique Banet e Ezequiel Méndez (responsable do mítico Cine-Club Universitario) fundaron e codirixiron dende Equipo 64 os seguintes documentais en 16 mm con patrocinio da Caja de Ahorros de Santiago: El Camino de Santiago; Malpica; Cuatro plazas, El Pórtico de Compostela ou Compostela. Tamén se elaborou un guión titulado Castelao que non chegou a producirse pola disolución do equipo; así como varios guións inéditos que están hoxe depositados na Filmoteca de Galicia. En 1964, Anaya, Banet e Méndez, cunha cámara cinematográfica portátil, unha boa dose de inexperiencia e determinación sen límites fixeron unha viaxe inesquecible a Roncesvalles para filmar os peregrinos; conseguiron montar un andamio diante do Pórtico da Gloria (cedido polo Cine Metropol despois de ser utilizado para instalar unha pantalla de formato Todd-AO) e mergulláronse no corazón da Costa da Morte. (Cineclube de Compostela, no catálogo do festival Curtocircuíto)

 

As copias destes filmes están depositadas na Filmoteca de Galicia e levaban sen ser proxectadas publicamente en Compostela máis de 50 anos, ata o pasado mes de outubro de 2024, cando o festival Curtocircuíto volveu mostralas.

 

Filmes na proxección:

El camino de Santiago (Equipo 64, 1964) 27’

Pórtico de Compostela (Equipo 64, 1965) 20’

Malpica (Equipo 64, 1966) 13’

Cuatro plazas (Equipo 64, 1965) 13’