19/12/2024 - 18:00h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
Jane B. por Agnès V.
feminismo, documental, biográfico

Universo Agnès Varda
A piques de cumprir 40 anos, Jane Birkin reflexiona con Agnès Varda sobre a súa carreira. Mestura de entrevistas e secuencias onde Birkin ten liberdade creativa e interpreta diversos papeis, incluíndo unha musa clásica, Calamity Jane, unha femme fatale, a Jane de Tarzán, e Xoana de Arco.