Share

Publicada a relatoría da xornada 'Accesibilidade e inclusión: visibilizar, sensibilizar, formar e compartir'

Xa está dispoñible para a súa consulta e descarga desde o apartado de publicacións da web a Relatoría da xornada 'Accesibilidade e inclusión: visibilizar, sensibilizar, formar e compartir', que organizamos o pasado mes de abril xunto coa asociación Escena Galega e á que asistiron 65 responsables de espazos escénicos e de produtoras de espectáculos de toda Galicia.

Este documento ofrece un resumo e as principais conclusións desta iniciativa formativa, na que se abordaron as boas prácticas e as medidas prioritarias para continuar avanzando no obxectivo común dunhas artes escénicas cada vez máis inclusivas e accesibles.