Rede Galega de Teatros e Auditorios: inscrición de espectáculos escénicos e concertos para o 1º semestre de 2026
Ábrese do 3 ao 27 de outubro de 2025 o prazo de inscrición de espectáculos escénicos e concertos no catálogo da Rede Galega de Teatros e Auditorios a partir do que os espazos adheridos configurarán a programación do primeiro semestre de 2026 ao abeiro do circuíto autonómico. O trámite realízase a través do portal www.galescena.gal.