Rede Galega de Teatros e Auditorios

Rede Galega de Teatros e Auditorios

Constituída en 1996, a Rede Galega de Teatros e Auditorios cumpre 30 anos consolidada como o principal circuíto para a exhibición da produción escénica galega de carácter profesional, á que dota de estabilidade na súa programación habitual. A Xunta de Galicia cofinancia esta rede cos concellos e entidades xestoras dos espazos asociados. O seu calendario de funcións estrutúrase en períodos semestrais de programación, nos que teñen cabida todas as artes escénicas e musicais, con especial protagonismo do teatro e das compañías galegas.

A Rede Galega de Teatros e Auditorios, que celebra este ano o seu 30º aniversario, ofreceralle ao público de 39 concellos durante o segundo semestre de 2026 un total de 223 funcións de teatro, música, danza, circo e maxia da man de 109 formacións artísticas, galegas na súa meirande parte. Así, desde xullo a decembro, poderán verse 180 funcións de teatro, 16 de danza, 8 de circo, 5 de maxia e 14 actuacións musicais. 



Foto da portada da web: Rocío Cibes [Alicia Wants To, de Bengala Teatro Físico]

Share