Rede Galega de Teatros e Auditorios. Convocatorias

Rede Galega de Teatros e Auditorios

Constituída en 1996, a Rede Galega de Teatros e Auditorios consolidouse neste anos como o principal circuíto para a exhibición da produción escénica galega de carácter profesional, á que dota de estabilidade na súa programación habitual. A Xunta de Galicia cofinancia esta rede cos concellos e entidades xestoras dos espazos asociados. O seu calendario de funcións estrutúrase en períodos semestrais de programación, nos que teñen cabida todas as artes escénicas e musicais, con especial protagonismo do teatro e das compañías galegas.

2º SEMESTRE DE 2026

Inscrición de espectáculos escénicos e concertos

[23/04/2026] Ábrese do 23 de abril ao 9 de maio de 2026 o prazo de inscrición de espectáculos escénicos e concertos no catálogo da Rede Galega de Teatros e Auditorios que se lles achegará aos espazos adheridos para configurar a programación do segundo semestre de 2026.

[30/04/2026] Amplíase ata o 19 de maio de 2026 o prazo de presentación de propostas.

O trámite realízase a través do portal www.galescena.gal, onde tamén se poden consultar a listaxe de escenarios e a normativa de funcionamento do circuíto

Share