Rede Galega de Teatros e Auditorios: inscrición de espectáculos escénicos e concertos para o segundo semestre de 2025
Ábrese do 14 de abril ao 5 de maio de 2025 o prazo de inscrición de espectáculos escénicos e concertos no catálogo da Rede Galega de Teatros e Auditorios a partir do que os espazos adheridos configurarán a programación do segundo semestre de 2025 ao abeiro do circuíto autonómico. O trámite realízase a través do portal www.galescena.gal.