Rede Galega de Teatros e Auditorios: ampliación do prazo de inscrición para o 2º semestre de 2026
Amplíase ata o 19 de maio de 2026 o prazo de inscrición de espectáculos escénicos e concertos no catálogo da Rede Galega de Teatros e Auditorios a partir do que os espazos adheridos configurarán a programación do segundo semestre de 2026 ao abeiro do circuíto autonómico. O trámite realízase a través do portal www.galescena.gal.