Share

O escritor César Antonio Molina enxalza o sentimento amoroso a través dun ciclo de cine no CGAI

‘Tan poderoso coma o amor' inclúe 11 títulos nos que se analiza desde unha perspectiva filosófica como a sétima arte tratou os designios do corazón

A primeira sesión, presentada polo propio autor, terá lugar o 19 de febreiro co clásico ‘La sirena del Mississippi’,do mítico director francés da Nouvelle Vague François Truffaut

O escritor César Antonio Molina enxalza o sentimento amoroso a través dun ciclo de cine no CGAI

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)- Filmoteca de Galicia inicia o vindeiro martes 19 o ciclo Tan poderoso coma o amor, titulado como o libro que o escritor coruñés César Antonio Molina acaba de publicar no selo Destino. Este volume afonda no sentimento amoroso a través dunha escolma de cen clásicos do cinema mundial que van desde Camille (1921), de Ray C. Smallwood, ata La correspondencia (2016), de Giuseppe Tornatore, e que lle serven ao seu autor para reflexionar sobre o amor en clave filosófica, analizando como a sétima arte tratou o tema practicamente desde o seu nacemento.
Con tal motivo, o escritor e os programadores da filmoteca galega seleccionaron os 11 títulos deste programa cinematográfico entre as películas do devandito volume que son de interese para a cinemateca da Xunta por non terse exhibido aínda na súa sala ou por contar con recentes copias restauradas.
 
Presentación polo propio autor
É o caso de La sirena del Mississippi, de François Truffaut, a fita coa que o ciclo arranca o vindeiro martes nunha sesión que será presentada polo propio César Antonio Molina. As portas do CGAI abriranse ás 20,00 h. para escoitar a súa reflexión arredor deste filme e da relación entre os seus protagonistas, que explica no libro citando a Safo: “Foi Safo quen xa falou primeiro de Eros como algo doce e amargo; ou algo xélido, xeado, como en Sófocles (Os amantes de Aquiles), que tamén queima. Amor (Louis) e odio (Marion)”.
 
Neste ton continúa co resto das cintas incluídas no ciclo, no que hai unha notable presenza de cinema clásico hollywoodiano. Así, o tema dafemme fatale é abordado en Perdición, de Billy Wilder (27 de febreiro), figura que Molina compara coa demonoloxía xudia, encarnándoa en Lilit. E paixón similar pode atoparse en Amanecer, de F.W. Murnau (20 de febreiro). O escritor di estar namorado de Marlene Dietrich en Ángel, de Ersnt Lubitsch (21 de febreiro), todo un mito fílmico “ligado á forza embelesadora e arrebatadora da propia imaxe cinematográfica”. Pero en troques de muller sedutora, neste caso trátase máis ben dunha muller liberada, ou dunha que intenta selo.
 
Mais o cine moderno tamén se abre paso nesta selección, con Pier Paolo Pasolini pechando o mes coa súa adaptación de Edipo Rey (28 de febreiro), do que Molina remarca o poso freudiano do mito na versión do italiano. Marzo comezará conBreve encuentro, de David Lean, onde se indaga entre a relación entre amor e desexo, e continúará cun dos grandes clásicos do cine español,El sur, de Víctor Erice. Sobre ela, incide na punzada deses amores que habitan nos recordos e que parecen vivir suspendidos no tempo, agarrotándonos como persoas, non permitíndonos avanzar.
 
Triloxía de Richard Linklater en marzo
O paso do tempo é un dos grandes temas de Tan poderoso como el amor. O libro trátao especialmente ben coa triloxía de Richard Linklater composta porAntes del amanecer (1995), Antes del atardecer (2004) e Antes del anochecer (2013). En cada capítulo, separado por nove anos, o director americano preséntanos un momento moi preciso na vida dunha parella, dende que se coñecen ata, cando xa maduros, teñen fillos e unha crise.
 
É unha estratexia similar á que executara Ingmar Bergman con Secretos de un matrimonio (1973) e Saraband (2003), só que aquí o tempo que pasaba eran tres décadas. Logo de proxectar a versión televisiva completa da primeira recentemente, o CGAI completará este ciclo con Saraband, tamén incluída no libro de César Antonio Molina.

-Tan poderoso coma o amor no web do CGAI.