Share

O director da Agadic reúnese coa nova directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia

O director da Agadic reúnese coa nova directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, recibiu esta mañá os representantes da nova xunta directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), cos que mantivo unha primeira xuntanza sobre asuntos relativos á profesión interpretativa nos eidos teatral e audiovisual.
A reunión, que se celebrou na sede da Agadic na Cidade da Cultura de Galicia, serviu, así mesmo, para a presentación formal de Xabier Deive como novo presidente da AAAG, que acudiu xunto con Laura Míguez, unha das vogais da actual directiva deste colectivo elixida en asemblea o pasado 7 de abril, e que completan Mónica García (vicepresidenta), Sheyla Fariña (secretaria) e Xosé Barato, Adrián Ríos, Eva Fórneas, Sara Fandiño, Marián Bañobre, Diego Freire, Fernando González, Davide González e Paula Morado (vogais).