Share

Un concerto marítimo de Mounqup en ruta a Cíes abre a carteleira de Vive Nigrán, festival adherido a FEST Galicia

Un concerto marítimo de Mounqup en ruta a Cíes abre a carteleira de Vive Nigrán, festival adherido a FEST Galicia

Un recital marítimo da artista franco-galega Mounqup a bordo dun barco en ruta ás illas Cíes foi a actividade especial que se desenvolveu esta tarde como prólogo musical ao festival Vive Nigrán, que celebrará a súa terceira edición en Praia América esta fin de semana. Oconcerto contou coa asistencia de Jacobo Sutil,  director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo, departamento da Xunta que impulsa a marca FEST Galicia á que está adherido Vive Nigrán. Baixo o concepto de ‘picnic-pop festival’, Vive Nigrán terá lugar os días 19 e 20 de xullo coas actuacións entre, outros, de Novedades Carminha, Ángel Stanich, Las Chillers, Hidrogenesse, Meneo, Delafé, Los Nastys, Los Vinagres, Monterrosa, Hickeys e  Adriana Proenza. Tamén ofrecerá sesións DJ, actividades náuticas, gastronomía e obradoiros para público familiar. No marco de FEST Galicia acollerá distintas accións de difusión de programas a prol da igualdade, do uso da lingua galega, do respecto medioambiental e de valores positivos para a mocidade.

-Web de FEST Galicia
-Web de Vive Nigrán