Rede Galega de Teatros e Auditorios

Rede Galega de Teatros e Auditorios

Constituída en 1996, a Rede Galega de Teatros e Auditorios consolidouse neste anos como o principal circuíto para a exhibición da produción escénica galega de carácter profesional, á que dota de estabilidade na súa programación habitual. A Xunta de Galicia cofinancia esta rede cos concellos e entidades xestoras dos espazos asociados. O seu calendario de funcións estrutúrase en períodos semestrais de programación, nos que teñen cabida todas as artes escénicas e musicais, con especial protagonismo do teatro e das compañías galegas.

Durante o segundo semestre de 2025, a Rede Galega de Teatros e Auditorios ofreceralle ao público de 40 concellos un total de 219 funcións de teatro, música, danza, circo e maxia da man de 115 formacións artísticas, galegas na súa meirande parte. Así, desde xullo a decembro, poderán verse 181 funcións de teatro, 13 de danza, 3 de circo, 8 de maxia e 14 actuacións musicais. 

Ademais, neste segundo semestre a Rede acollerá algunhas estreas, como os novos espectáculos de Sarabela Teatro, Teatro do Noroeste, Redrum Teatro, Galeatro ou Contraproducións.



Foto: Rocío Cibes [Bulebule, de Os Náufragos Teatro]

Share