Hub Audiovisual / Industria Cultural
Un impulso decisivo
A Xunta de Galicia pon en marcha, co financiamento do FEDER a través de REACT, o programa Hub Audiovisual / Industria Cultural Galega, co obxectivo xeral de reforzar a posición da nosa Comunidade como un referente competitivo global en toda a cadea de valor da industria cultural e creativa.
Eidos de desenvolvemento
A iniciativa está deseñada para desenvolver o potencial competitivo de crecemento e xeración de emprego da nosa industria cultural, para o que artella medidas en distintos eidos:
- O primeiro é o da industria audiovisual, situando Galicia como un territorio idóneo e competitivo de localización de rodaxes, produción e postprodución. Trátase de fomentar a competitividade tecnolóxica e non tecnolóxica das empresas galegas, promovendo e dinamizando os servizos de produción. Tamén se traballa co obxectivo de favorecer proxectos colaborativos audiovisuais que identifiquen o noso territorio como un núcleo de xeración de contidos e producións de primeira orde, impulsando o seu efecto tractor sobre o resto da industria cultural e creativa galega.
- O outro eido que se aborda é o dos videoxogos e os contidos interactivos, promovendo a primeira iniciativa autonómica de fortalecemento e vertebración sectorial, en colaboración co tecido produtivo e asociativo galego. O hub prevé accións de promoción do talento e de aceleración empresarial, artellando ao tempo unha liña de axudas específica para as empresas do sector dos videoxogos.
- Ademais, póñense en funcionamento medidas transversais para o conxunto da industria cultural galega mediante axudas para fomentar as inversións e competitividade tecnolóxica, así como a prestación directa de servizos para axudar ás empresas a acadar os retos aos que se enfrontan.
Todas as accións e medidas foron deseñadas logo dun proceso de consulta e diálogo co sector.
Orzamento
O Hub Audiovisual / Industria Cultural Galega conta con un orzamento de 9.600.000 euros para o período 2021-2023, financiado no marco do eixo REACT-UE do programa operativo FEDER GALICIA 2014-2020, como resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.
Instrucións sobre as obrigas de publicidade
Requisitos, modelos e logotipos esixidos a efectos de publicidade para todos os proxectos beneficiarios dos fondos REACT-UE.