Focus Galicia 2023 : selección de proxectos musicais para a contratación de 'showcases' e convocatoria para presentacións en formato 'pitching'

[18/10/2022] Resolución do 18 de outubro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 15 de setembro de 2023 (modificada á súa vez pola Resolución do 22 de setembro de 2023 de corrección de erros) no anexo relativo aos importes concedidos aos proxectos seleccionados para a contratación de 10 showcases no marco de Focus Galicia 2023.

 


[09/10/2023] Publícase a relación dos 10 proxectos que serán presentados en formato pitching como parte do programa de Focus Galicia 2023:

  • Helena Egea
  • Adrian Timms
  • Iria Estévez
  • Lontreira
  • Boroa
  • Francisco Amil
  • Hydn
  • Artyc Content
  • Cartometrics
  • Cordas en Harmonía

 


[22/09/2023] Abrimos unha nova convocatoria de Focus Galicia 2023 para incorporar ao seu programa 10 presentacións en formato pitching. O obxectivo é expoñer outros tantos proxectos musicais diante dos 25 programadores internacionais convidados a este evento, co fin de contribuír a ampliar o mercado exterior da música galega.

Dirixida a: Proxectos musicais relacionados co ámbito das músicas do mundo ou de raíz en calquera das súas variantes. Seleccionaranse 10 propostas por estrita orde de chegada.

Duración: 3 minutos

Lingua: Inglés

Data e hora: 24 de outubro de 2023, de 17.30 a 19.30 horas.

Lugar: Hotel NH Collection. Santiago de Compostela

Inscrición: Ata o 6 de outubro, ás 14.00 horas, enviando un correo electrónico ao enderezo agadic [at] xunta.gal co asunto "Convocatoria Pitching Focus Galicia" e os seguintes datos:

  • Nome da entidade
  • Nome do proxecto musical
  • Persoa que participa
  • Enderezo electrónico
  • Teléfono
  • Emprego de soporte audiovisual (si ou non)

Ao remate dos pitchings, as persoas participantes terán ademais a oportunidade de participar nunha sesión de networking cos delegados acreditados en Focus Galicia, que continuará na Sala Capitol, onde tamén poderán asistir a tres dos showcases incluídos no programa.

 


[19/09/2023] Resolución do 15 de setembro de 2023 (modificada pola Resolución do 22 de setembro de 2023 de corrección de erros) pola que se seleccionan os seguintes proxectos para a contratación de 10 showcases no marco de Focus Galicia 2023:

  • CATUXA SALOM
  • BUDIÑO
  • MERCEDES PEÓN – INGRÁVIDA
  • XURXO FERNÁNDES – LEIVANO
  • GARCÍA MC & NACIÓN QUILOMBO
  • ABRAHAM CUPEIRO – MYTHOS
  • DE NINGHURES
  • ZELTIA IREVIRE
  • SÓ UN SOLO
  • SAMUDRA TRIO

 


[31/07/2023] Resolución do 31 de xullo de 2023 pola que se modifican as bases reguladoras do procedemento de selección dez proxectos musicais para a contratación de dez showcases no marco do Focus Galicia 2023 e se amplía o prazo de solicitude ata o vindeiro 10 de agosto.

 


[20/07/2023] Resolución do 17 de xullo de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento de selección de dez proxectos musicais para a contratación doutros tantos showcases no marco do programa Focus Galicia, que terá lugar do 22 ao 24 de outubro de 2023 baixo a organización da Axencia Galega das Industrias Culturais.

Focus Galicia é un evento experiencial de identificación da música e o territorio onde se desenvolve, coa dobre misión de acadar un mellor posicionamento, promoción e difusión exterior dos artistas musicais galegos e de potenciar a internacionalización da música actual de Galicia desde o seu contexto territorial. Articularase arredor dun conxunto de actividades entre as que se inclúen os showcases dos 10 artistas/grupos seleccionados, que actuarán diante dunha escolma de programadores dos festivais musicais máis importantes do mundo.

Convocatoria e bases

-Bases reguladoras do procedemento de selección

-Prazo de presentación de solicitudes: dez días dende o día seguinte da publicación desta convocatoria. 

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da solicitude xenérica PROO4A debidamente cuberta e asinada, que se pode descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal.

-Documentación a presentar: 

  • Anexo II, que inclúe a seguintes declaracións responsables:
    ​​1. Que os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos, e acepta as condicións e obrigas recollidas nesta convocatoria.
    2. Que reúne os requisitos sinalados no artigo 2 destas bases reguladoras.
    3. Que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 71 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.
    4. Que é a titular lexítima de todos os dereitos de propiedade intelectual da obra e/ou proxecto musical que se presenta ou, se é o caso, que conta coa autorización correspondente para todos os efectos.
    5. Que a obra que se presenta é orixinal (non é copia nin adaptación de outra), que non infrinxe dereitos de terceiros, nin sobre ela existen dereitos de publicación por parte de ningunha entidade.
    6. No suposto de intérpretes, a declaración incluirá que posúe a autorización dos titulares da obra, para a comunicación pública dela mediante actuación musical, reprodución, comunicación e distribución pública.
    7. As persoas integrantes do proxecto musical.
     
  • Documentación técnica:
    1. Memoria técnica do proxecto musical.
    2. Memoria indicando as redes sociais do artistas ou grupo.
    3. Tres fotos en formato jpg.jep (300 ppp).
    4. Rider técnico.

DESCARGA ANEXO II

 

Share