Un país de festivais
De todos os tipos, xéneros, estilos e formatos, os festivais ocupan un moi destacado lugar no conxunto da oferta cultural galega, especialmente durante os meses centrais do ano. Pero ademais do seu indiscutible papel como alternativa de ocio vinculada á cultura e como escaparate para a difusión da creación galega, este tipo de eventos téñense confirmado nos últimos anos como estratéxicos para as súas contornas tamén desde o punto de vista social, económico e turístico. Todo isto sen esquecer a súa contribución ao desenvolvemento das industrias culturais galegas a través dunha xestión cada vez máis profesional.
A Axencia Galega das Industrias Culturais canaliza unha parte importante do apoio da Xunta de Galicia aos festivais dos ámbitos das artes escénics música, o audiovisual e a música, que cada ano contan coas súas correspondentes liñas de subvencións públicas, entre outras vías de colaboración, como pode ser a marca FEST Galicia no caso dos eventos musicais. Así, en 2023 contribuímos á organización dos seguintes festivais en cada un destes sectores:
- ARTES ESCÉNICAS
-
- Singular. Festival Internacional do Monólogo Teatral | Narón, do 3 ao 31 de marzo
- Festival Internacional de Títeres de Redondela. Memorial Juanjo Amoedo | Redondela, do 15 ao 21 de maio
- Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo | Cangas, do 25 de xuño ao 8 de xullo
- Mostra Internacional de Teatro (MIT) | Ribadavia, do 15 ao 23 de xullo
- Titiriberia. Festival de Títeres Tradicionais Ibéricos | Rianxo, do 24 ao 30 de xullo
- Festaclown | Vilagarcía de Arousa, do 10 ao 15 de agosto
- Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) | Carballo, do 28 de setembro ao 31 de outubro
- Festival Internacional Galicreques | Santiago de Compostela, do 7 ao 15 de outubro
- Desfoga | Cambados, do 14 ao 16 de outubro
- Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) | Ourense, do 12 ao 22 de outubro
- AUDIOVISUAL
-
- Mostra Internacional de Cinema Etnográfico MICE | Santiago de Compostela, do 15 ao 21 de marzo
- Carballo Interplay | Carballo, do 29 de marzo ao 1 de abril
- Play-Doc Festival Internacional de Documentais | Tui, do 26 de abril ao 1 de maio
- Festival de Cans | O Porriño, do 16 ao 20 de maio
- (S8) Mostra de Cinema Periférico | A Coruña, do 26 de maio ao 4 de xuño
- Festival Internacional de Cine FICBUEU | Bueu, do 9 ao 23 de setembro
- Galician Freaky Film Festival | Vigo, do 22 ao 30 de setembro
- Ourense Film Festival | Ourense, do 29 de setembro ao 8 de outubro
- Curtocircuíto | Santiago de Compostela, do 3 ao 8 de outubro
- Festival de Cine Inclusivo | Vigo, do 17 ao 21 de outubro
- Intersección | A Coruña, do 17 ao 22 de outubro
- Novos Cinemas. Festival Internacional de Cinema | Pontevedra, do 12 ao 17 de decembro
- MÚSICA
-
- Ouren Sound Fest | Ourense, do 25 ao 28 de maio
- Resurrection Fest | Viveiro, do 28 de xuño ao 1 de xullo
- Vive Nigrán | Nigrán, do 30 de xuño ao 1 de xullo
- Rompetiño Jump | Porto do Son, do 30 de xuño ao 2 de xullo
- Fisterra Blues Experience | Fisterra, do 30 de xuño ao 2 de xullo
- PortAmérica | Portas, do 13 ao 15 de xullo
- Atlantic Fest | Vilagarcía de Arousa, do 20 ao 23 de xullo
- Festival Sinsal SON Estrella Galicia | Illa de San Simón (Redondela), do 21 ao 23 de xullo
- 17o Festival Ribeira Sacra | Monforte de Lemos, Sober, Chantada, Castro Caldelas, Ribas de Sil e Nogueira de Ramuín, do 28 ao 30 de xullo
- SonRías Baixas | Bueu, do 3 ao 5 de agosto
- Festival de la Luz | Boimorto, do 25 ao 27 de agosto
- Revenidas | Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa), do 7 ao 10 de setembro
- WOS Festival x SON Estrella Galicia | Santiago de Compostela, do 14 ao 17 de setembro
- Underfest Son Estrella Galicia | Vigo, 15 e 16 de setembro
- Caudalfest | Lugo, 15 e 16 de setembro
- Maré. Festival de músicas e artes atlánticas | Santiago de Compostela, do 20 ao 24 de setembro
- Season Fest | Gondomar, do 21 ao 24 de setembro