[28/05/2025] Publícase a Resolución do 27 de maio de 2025 coa listaxe definitiva de avaliación de méritos.
[19/05/2025] Publícase a Resolución do 19 de maio de 2025 coa listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso e a provisional de avaliación de méritos.
[09/05/2025] Publícase a Resolución do 8 de maio de 2025 coa listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso.
[08/04/2025] A Axencia Galega das Industrias Culturais convoca un proceso selectivo para a provisión con carácter temporal dun posto de técnico/a de luces, ao abeiro do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.
O posto insírese no Departamento de Produción Teatral (Centro Dramático Galego): grupo III, categoría 45, código ED.A11.00.005.15770.053.
Prazo de solicitude: 15 días naturais a partir do día seguinte ao desta publicación.