Share

Selección de 22 intérpretes para a temporada 2024-2025 do Centro Dramático Galego: listaxe provisional de persoas seleccionadas para as audicións

Publícase o acordo do tribunal do proceso de selección para a contratación de 22 intérpretes coa categoría de principais para a temporada 2024-2025 do Centro Dramático Galego polo que se comunica a listaxe provisional de persoas seleccionadas para a fase de audicións.

As probas terán lugar o 21 e 22 de outubro para Mesiña, ponte! (título provisional) e o 30 e 31 de outubro para Countdown (título provisional).

Os textos e indicacións correspondentes serán comunicados polo tribunal cunha antelación mínima de 48 horas.