Centro Dramático Galego / Selección de intérpretes para a temporada 2024-2025

Centro Dramático Galego: selección de intérpretes para a temporada 2024-2025

[05/11/2024] Acordo do tribunal cualificador polo que se aproba a modificación da relación provisional das 15 persoas seleccionadas como intérpretes (categoría de principais) da produción Mesiña, ponte! (título provisional) / A burra, a mesa e o pau (título definitivo).


[05/11/2024] Acordo do tribunal cualificador polo que se fai pública a relación provisional das sete persoas seleccionadas como intérpretes (categoría de principais) da produción Countdown (título provisional) / A serie clopen (título definitivo).


[28/10/2024] Acordo do tribunal cualificador polo que se fai pública a relación provisional das 15 persoas seleccionadas como intérpretes (categoría de principais) da produción Mesiña, ponte! (título provisional).


[18/10/2024] Acordo do tribunal cualificador polo que se fai pública a modificación da resolución definitiva de persoas seleccionadas para as audicións da segunda fase do proceso de selección.


[16/10/2024] Acordo do tribunal cualificador polo que se fai pública a listaxe definitiva das persoas seleccionadas para as audicións da segunda fase do proceso, así como as datas, horarios e textos das probas.


[08/10/2024] Resolución do 8 de outubro de 2024 de corrección de erros sobre a listaxe provisional de persoas seleccionadas para as audicións da segunda fase do proceso.


[08/10/2024] Acordo do tribunal cualificador coa listaxe provisional de persoas seleccionadas para as audicións da segunda fase do proceso.

  • As probas terán lugar nas seguintes datas:
    • 21 e 22 de outubro para Mesiña, ponte! (título provisional)
    • 30 e 31 de outubro para Countdown (título provisional)
  • Os textos e indicacións para as devanditas probas serán comunicados polo tribunal cunha antelación mínima de 48 horas.

[07/10/2024] Resolución do 7 de outubro de 2024 pola que se aproba e publica a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas neste proceso.


[03/10/2024] Resolución do 2 de outubro de 2024 de corrección de erros sobre a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas.


[01/10/2024] Publícanse a Resolución do 1 de outubro de 2024 pola que se aproba a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso e a Resolución do 1 de outubro de 2024 pola que se nomea o tribunal que o xulgará. 


[12/09/2024] Publícase no DOG nº 176 do 12 de setembro de 2024 o Anuncio do 9 de setembro de 2024 polo que se dá publicidade da convocatoria e das bases reguladoras do proceso de selección para a contratación, baixo a modalidade de contrato especial para artistas, ao abeiro do Real decreto 1435/1985, do 1 de agosto, e da modificación introducida polo Real decreto lei 5/2022, do 22 de marzo, de vinte e dúas (22) prazas de actrices e actores coa categoría de principais, quince (15) prazas para a produción Mesiña, ponte! (título provisional) e sete (7) prazas para a produción Countdown (título provisional), do Departamento de Produción Teatral (Centro Dramático Galego) no período 2024-2025.

Convocatoria, bases e anexos

-Bases do proceso de selección

-Prazo de solicitude: do 13 ao 27 de setembro de 2024 (15 días naturais, contados a partir do día seguinte desta publicación).

-Presentación de solicitudes e documentación anexa: Preferiblemente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, empregando o modelo de solicitude xenérica PR004A para enviar o ANEXO I coa seguinte documentación:

a) Copia do DNI, NIE ou pasaporte da persoa candidata.

b) Anexo II coa información e materiais que acrediten a experiencia da persoa solicitante e permitan valorar o seu perfil. O documento terá un peso máximo de 10MB en formato PDF. Dentro desa información poderán incluírse materiais como:

  • Curriculum vitae. Terán especial consideración os estudos en Arte Dramática e outras ensinanzas artísticas superiores.
  • Materiais audiovisuais que recollan a experiencia profesional previa a través de enlaces a plataformas de vídeo-web como Vimeo, YouTube ou similares.
  • Unha fotografía actual de corpo enteiro.

-Anexos:

Share