[23/11/2023] Publícase o acordo do 23 de novembro de 2023 do tribunal cualificador do proceso de selección para a contratación, baixo a modalidade de contrato especial para artistas, de 20 prazas de actrices e actores para a produción Phoné (título provisional) do Departamento de Produción Teatral (Centro Dramático Galego) no período 2023-2024 polo que se acepta a renuncia dunha das persoas seleccionadas e se procede a un cambio de categoría e á incorporación dun novo seleccionado.
[10/10/2023] Publícase o acordo do 9 de outubro de 2023 do tribunal cualificador do proceso de selección para a contratación, baixo a modalidade de contrato especial para artistas, de 20 prazas de actrices e actores para a produción Phoné (título provisional) do Departamento de Produción Teatral (Centro Dramático Galego) no período 2023-2024 polo que se fai pública a listaxe provisional de PERSOAS SELECCIONADAS.
Concédese un prazo de 5 días hábiles para alegacións, contados desde esta publicación.
[18/08/2023] Acordo do tribunal cualificador do proceso de selección para a contratación, baixo a modalidade de contrato especial para artistas, de 20 prazas de actrices e actores para a produción Phoné (título provisional) do Departamento de Produción Teatral (Centro Dramático Galego) no período 2023-2024 polo que se fai pública a MODIFICACIÓN da listaxe definitiva de persoas seleccionadas para as audicións da segunda fase.
[14/08/2023] Acordo do tribunal cualificador do proceso de selección para a contratación, baixo a modalidade de contrato especial para artistas, de 20 prazas de actrices e actores para a produción Phoné (título provisional) do Departamento de Produción Teatral (Centro Dramático Galego) no período 2023-2024 polo que se fai pública a LISTAXE DEFINITIVA de persoas seleccionadas para as audicións da segunda fase.
Publícanse, así mesmo, as convocatorias das devanditas persoas por datas e horarios, así como os contidos das probas:
As probas terán lugar entre o 21 de agosto e o 1 de setembro de 2023 no Salón Teatro de Santiago de Compostela (rúa Nova,34).
[07/08/2023] Acordo do tribunal cualificador do proceso de selección para a contratación, baixo a modalidade de contrato especial para artistas, de 20 prazas de actrices e actores para a produción Phoné (título provisional) do Departamento de Produción Teatral (Centro Dramático Galego) no período 2023-2024 polo que se fai pública a LISTAXE PROVISIONAL de persoas seleccionadas para as audicións da segunda fase.
[19/07/2023] Resolución do 18 de xullo de 2023 pola que aproba a LISTAXE DEFINITIVA de persoas admitidas e excluídas no proceso de selección para a contratación, baixo a modalidade de contrato especial para artistas, ao abeiro do Real decreto 1435/1985, do 1 de agosto, e da modificación introducida polo Real decreto lei 5/2022, do 22 de marzo, de 20 prazas de actrices e actores para a produción Phoné (título provisional) do Departamento de Produción Teatral (Centro Dramático Galego) no período 2023-2024.
[18/07/2023] Proposta do tribunal cualificador para o proceso de selección para a contratación, baixo a modalidade de contrato especial para artistas, de 20 prazas de actrices e actores para a produción Phoné (título provisional) do Departamento de Produción Teatral (Centro Dramático Galego) no período 2023-2024 e publicación da Resolución do 17 de xullo de 2023 polo que se nomea o tribunal do procedemento.
[11/07/2023] Resolución do 11 de xullo de 2023 pola que se aproba a LISTAXE PROVISIONAL de persoas admitidas e excluídas no proceso de selección para a contratación, baixo a modalidade de contrato especial para artistas, ao abeiro do Real decreto 1435/1985, do 1 de agosto, e da modificación introducida polo Real decreto lei 5/2022, do 22 de marzo, de 20 prazas de actrices e actores para a produción Phoné (título provisional) do Departamento de Produción Teatral (Centro Dramático Galego) no período 2023-2024.
[12/06/2023] Publícase no DOG nº 110 do 12 de xuño de 2023 o Anuncio do 5 de xuño de 2023 polo que se dá publicidade á convocatoria e ás bases reguladoras do proceso de selección para a contratación, baixo a modalidade de contrato especial para artistas, ao abeiro do Real decreto 1435/1985, do 1 de agosto, e da modificación introducida polo Real decreto lei 5/2022, do 22 de marzo, de 20 prazas de actrices e actores para a produción Phoné (título provisional) do Departamento de Produción Teatral (Centro Dramático Galego) no período 2023-2024. Trátase dun proxecto de creación a partir de textos de Tamara Canosa e outros autores.
- Convocatoria e bases:
-
-Bases reguladoras do proceso de selección
-Prazo de solicitude: do 13 ao 27 de xuño de 2023 (15 días naturais, contados a partir do día seguinte desta publicación).
-Presentación de solicitudes e documentación anexa: Quen desexe tomar parte na convocatoria deberá formular a súa solicitude no modelo que figura como Anexo I, xunto coa seguinte documentación:
a) Copia do DNI, NIE ou pasaporte da persoa candidata.
b) Anexo II coa información e materiais que acrediten a experiencia da persoa solicitante e permitan valorar o seu perfil. O documento terá un peso máximo de 10MB en formato PDF. Dentro desa información poderán incluírse materiais como:- Curriculum vitae. Terán especial consideración os estudos en Arte Dramática e outras ensinanzas artísticas superiores.
- Materiais audiovisuais que recollan a experiencia profesional previa a través de enlaces a plataformas de vídeo-web como vimeo, youtube ou similares.
- Unha fotografía actual de corpo enteiro.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, enviando o modelo de solicitude Anexo I. Para a remisión electrónica deste Anexo I e documentación que se xunte empregarase o modelo de solicitude xenérica co código PR004A habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia ou ben presentará a documentación nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
As persoas solicitantes poderán escoller en todo momento se se comunican coa Axencia Galega das Industrias Culturais a través de medios electrónicos. O medio escollido pola persoa poderá ser modificado en calquera momento.
-Anexos: