Centro Dramático Galego / III Bolsa de Dramaturxia e Creación

III Bolsa de Dramaturxia e Creación do Centro Dramático Galego

    Proceso de selección dun proxecto de escrita dramática e dun espectáculo en coprodución co Centro Dramático Galego, que promove a terceira edición desta iniciativa de apoio á dramaturxia galega actual xunto a unha ducia de colectivos culturais.

    [23/06/2025] Publícase a acta do 23 de xuño de 2025 co ditame da comisión de valoración do proceso de selección para a contratación, en réxime de coprodución, dun espectáculo teatral para a temporada 2025-2026 a partir do proxecto Santa Bárbara, de Santiago Cortegoso, gañador da III Bolsa de Dramaturxia do Centro Dramático Galego.

    -Proxecto seleccionado: Redrum Teatro


    [19/06/2025] Publícase a Resolución do 18 de xuño de 2025 de modificación da comisión de valoración dos proxectos de coprodución.


    [06/06/2025] Publícase a Resolución do 6 de xuño de 2025 de nomeamento da comisión de valoración dos proxectos de coprodución.


    [29/04/2025] Publícase a Resolución do 28 de abril de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras do proceso de selección para a contratación, en réxime de coprodución, dun espectáculo teatral para a temporada 2025-2026 a partir do proxecto Santa Bárbara, de Santiago Cortegoso, gañador da III Bolsa de Dramaturxia do Centro Dramático Galego:


    [31/07/2024] Faise público o nome do proxecto seleccionado pola comisión de valoración da III Bolsa de Dramaturxia: Santa Bárbara, de Santiago Cortegoso.


    [12/06/2024] Publícase o anuncio da Axencia Galega das Industrias Culturais para a presentación de propostas co fin de seleccionar un proxecto de escrita dramática destinado a unha coprodución co Centro Dramático Galego.

    • Prazo de presentación: 15 días naturais a partir do día seguinte ao desta publicación.
    • Solicitude: obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (modelo xenérico PR004A)
    • Dotación: 6000 euros
    • Prazo de realización: 6 meses
    Share