Bolsa de Dramaturxia 2024
Proceso de selección dun proxecto de escrita dramática destinado a unha coprodución co Centro Dramático Galego, que promove a terceira edición desta iniciativa de apoio á dramaturxia galega actual xunto a unha ducia de colectivos culturais.
[31/07/2024] Faise público o nome do proxecto seleccionado pola comisión de valoración da III Bolsa de Dramaturxia: Santa Bárbara, de Santiago Cortegoso.
[12/06/2024] Publícase o anuncio da Axencia Galega das Industrias Culturais para a presentación de propostas co fin de seleccionar un proxecto de escrita dramática destinado a unha coprodución co Centro Dramático Galego.
- Prazo de presentación: 15 días naturais a partir do día seguinte ao desta publicación.
- Solicitude: obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (modelo xenérico PR004A)
- Dotación: 6000 euros
- Prazo de realización: 6 meses