Contratación con carácter temporal dun/ha xastre/a

[04/03/2024] Publícase a Resolución da Dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais pola que se eleva a definitiva a proposta coa que se dá por concluído o proceso de selección para a contratación, baixo a modalidade de contrato laboral temporal en réxime de interinidade, dun posto de xastre/a. 


[26/01/2024] Corrección de erros pola que se introduce o correspondente pé de recurso na Resolución do tribunal de selección para a contratación, baixo a modalidade de contrato laboral temporal en réxime de interinidade, dun posto de xastre/a, pola que se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e non admitidas no proceso.


[24/01/2024] Resolución do tribunal de selección para a contratación, baixo a modalidade de contrato laboral temporal en réxime de interinidade, dun posto de xastre/a, pola que se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e non admitidas no proceso.


[15/01/2024] Publícase a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso de selección para a contratación, baixo a modalidade de contrato laboral temporal en réxime de interinidade, dun posto de xastre/a.

O prazo de alegacións é de tres días hábiles a partir do día seguinte ao desta publicación.


[22/11/2023] A Axencia Galega das Industrias Culturais convoca un proceso selectivo para a contratación dun/ha xastre/a mediante relación laboral temporal, en réxime de interinidade, ao abeiro do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

O posto insírese no Departamento de Música e Danza (Centro Coreográfico Galego): grupo IV, categoría 24 e código ED.A19.40.901.15001.080.

O prazo de solicitude permanecerá aberto do 23 de novembro ao 11 de decembro de 2023.


Share