[28/04/2023] Publícanse as resolucións do 25 de abril de 2023 polas que se aproban as bases reguladoras do procedemento de selección de proxectos para a contratación, en réxime de coprodución, de tres espectáculos de danza en calquera das súas modalidades, un deles reservado para compañías ou profesionais emerxentes.
Esta contratación insírese no programa de coproducións que a Axencia Galega das Industrias Culturais desenvolve a través do Centro Coreográfico Galego co obxectivo de favorecer a produción neste ámbito artístico, impulsar a creación de espectadores para a danza, consolidar produtos culturais competitivos que xeren retorno e, en definitiva, buscar a excelencia nos produtos culturais galegos.
-Dotación: A achega económica para cada contrato debe ser inferior a 15.000 euros (IVE excluído). En ningún caso esta cantidade será superior ao 80% do orzamento total do proxecto presentado. Poderase ceder a sala de ensaios do Centro Coreográfico Galego baixo as condicións que se fixen para o efecto.
-Prazo de execución: 12 meses
-Prazo de solicitude: 20 días naturais contados desde o día seguinte da publicación desta resolución.
-Dirixido a: Persoas, físicas ou xurídicas, e sociedades civís e comunidades de bens ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia, así como as unións temporais de empresas, dedicadas profesionalmente á produción escénica, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia. Quedan exceptuadas as asociacións e restantes entidades sen fins de lucro.
No caso da modalidade para compañías ou profesionais emerxentes, non poderá ter transcorrido máis de cinco anos desde a data de alta no Censo de empresarios, profesionais e retedores (Declaración censal de alta, modificación e baixa e declaración censal simplificada).
-Presentación das solicitudes: Obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado xenérico PR004A “Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado”, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, acompañado da documentación requirida nas bases: