Programa de coproducións do Centro Coreográfico Galego 2025

[08/05/2025] Publícase a Resolución do 7 de maio de 2025 da Axencia Galega das Industrias Culturais, pola que se aproban as bases reguladoras da convocatoria pública para a selección de tres proxectos de danza e artes do movemento para a realización de tres espectáculos en coprodución co Centro Coreográfico Galego.

Convocatoria e bases para o procedemento de selección de tres espectáculos de danza en calquera das súas modalidades
  • Bases reguladoras
  • Dotación: 54.447 euros
  • Prazo de solicitude: ata o 28 de maio de 2025 (20 días naturais, contados a partir do día seguinte desta publicación)
  • Presentación de solicitudes e documentación anexa: 
    • Solicitude de participación no procedemento (anexo I)
    • Documentación capacidade de obrar
    • Memoria do proxecto
    • Orzamento do proxecto e plan de financiamento (segundo o modelo do anexo II)
    • Traxectoria profesional da persoa solicitante (segundo o modelo do anexo III)
    • Historial de premios (segundo o modelo do anexo IV)
    • Cartas de compromiso de adscrición do equipo artístico á execución do proxecto
  • Anexos para descarga

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado xenérico PR004A “Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado”, dispoñible na ligazón: https://sede.xunta.gal.

 

 

Share