[08/07/2024] Publicase a Resolución do 3 de xullo de 2024 pola que se seleccionan tres proxectos de danza e artes do movemento para a realización de tres espectáculos en coprodución do Centro Coreográfico Galego para 2024.
[28/05/2024] Publícase a Resolución do 27 de maio de 2024 de nomeamento da comisión de valoración para a selección dos tres proxectos de danza e artes do movemento do programa de coprodución do Centro Coreográfico Galego 2024.
[29/04/2024] Publícase a Resolución do 26 de abril de 2024 da Axencia Galega das Industrias Culturais, pola que se aproban as bases reguladoras da convocatoria pública para a selección de tres proxectos de danza e artes do movemento para a realización de tres espectáculos en coprodución co Centro Coreográfico Galego.
- Convocatoria e bases para o procedemento de selección de tres espectáculos de danza en calquera das súas modalidades
-
- Bases reguladoras
- Prazo de solicitude: 20 días naturais, contados a partir do día seguinte desta publicación
- Presentación de solicitudes e documentación anexa:
- Solicitude de participación no procedemento (anexo I)
- Documentación capacidade de obrar
- Memoria do proxecto
- Orzamento do proxecto e plan de financiamento (segundo o modelo do anexo II)
- Historial de premios (segundo o modelo do anexo III)
- Cartas de compromiso de adscrición do equipo artístico á execución do proxecto
- Anexos para descarga
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado xenérico PR004A “Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado”, dispoñible na ligazón: https://sede.xunta.gal.