[13/07/2023] Resolucións do 7 de xullo de 2023 da Axencia Galega das Industrias Culturais, polas que se adxudican:
-Dúas coproducións de danza e artes do movemento, dentro do procedemento de contratación de dous espectáculos de danza en calquera das dúas modalidades. Consultar Resolución.
-Unha coprodución de danza e artes do movemento, dentro do procedemento de contratación de un espectáculo de danza para compañías e profesionais emerxentes. Consultar Resolución.
[25/04/2023] Resolucións do 25 de abril de 2023 da Axencia Galega das Industrias Culturais, polas que se aproban:
-As bases reguladoras do procedemento de selección de proxectos para a contratación, en réxime de coprodución, de dous espectáculos de danza en calquera das súas modalidades, no ano 2023.
-As bases reguladoras do procedemento de selección de proxectos para a contratación, en réxime de coprodución, dun espectáculo de danza en calquera das súas modalidades, no ano 2023 para compañías ou profesionais emerxentes.
- Convocatoria e bases para o procedemento de selección de dous espectáculos de danza en calquera das súas modalidades
-
-Bases reguladoras do procedemento
-Prazo de solicitude: 20 días naturais, contados a partir do día seguinte desta publicación
-Presentación de solicitudes e documentación anexa:
a. Solicitude de participación no procedemento.
b. Memoria explicativa do proxecto
c. Orzamento do proxecto
d. Historial do equipo artístico (intérpretes e dirección/coreografía)
e. Repercusión na creación e fomento de públicos
f. Presenza e difusión da coprodución en distintas Redes Sociais.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelonormalizado xenérico PR004A “Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado”, dispoñible na ligazón: https://sede.xunta.gal
- Convocatoria e bases para o procedemento de selección dun espectáculo de compañías ou profesionais emerxentes
-
-Bases reguladoras do procedemento
-Prazo de solicitude: 20 días naturais, contados a partir do día seguinte desta publicación
-Presentación de solicitudes e documentación anexa:
b. Solicitude de participación no procedemento.
a. Memoria explicativa do proxecto.
c, Orzamento do proxecto.
d. Historial do equipo artístico (interpretes e dirección/coreografía).
e. Repercusión na creación e fomento de públicos.
f. Presenza e difusión da coprodución en distintas Redes Sociais.
g. Número de espectáculos nos que participou profesionalmente a persoa solicitante nos últimos 3 anos como coreógrafo ou intérprete.
h. Antigüidade da entidade solicitante.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado xenérico PR004A “Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico nor - malizado”, dispoñible na ligazón: https://sede.xunta.gal