Share

Contratación con carácter temporal dun/ha técnico/a de luces: resolución de contratación

Publícase a Resolución do 18 de xuño de 2025 de contratación ao abeiro do proceso selectivo para a provisión con carácter temporal dun posto de técnico/a de luces, ao abeiro do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, con destino no Departamento de Produción Teatral (Centro Dramático Galego).