Share

III Bolsa de Dramaturxia e Creación: convocatoria para a coprodución dun espectáculo

Ábrese ata o 19 de maio de 2025 o prazo de solicitude do proceso de selección para a contratación, en réxime de coprodución, dun espectáculo teatral para a temporada 2025-2026 a partir do proxecto Santa Bárbara, de Santiago Cortegoso, gañador da III Bolsa de Dramaturxia do Centro Dramático Galego, segundo as bases aprobadas pola Resolución do 28 de abril de 2025.