Share
17/08/2025 - 13:00h | Praza Alcalde Rojo Losada | Monterroso

Xoán Curiel

  • Conto-concerto de A Banda do Verán

Conto-concerto
Cultura no Camiño

Este espectáculo musical e teatral de A Banda do Verán baséase no libro-disco editado por Galaxia Estamos no verán!!!

Quen non pensou algunha vez de pequeno na posibilidade de montar unha banda de música?

O artista Xoán Curiel protagoniza este show. Partindo do relato de como comezou a coñecer e conectar coa música, as nenas e nenos o acompañan nesta aventura, mentres o espectáculo vaise transformando nun concerto.

Estilos musicais variados como o pop, rock, tradicional, reggae ou funky atópanse nesta experiencia participativa e refrescante, que fai espertar a imaxinación e as ganas de abrir as orellas e as mentes.