04/07/2025 - 20:00h
| Praza do Parque
| Rodeiro
Xoán Curiel
Conto-concerto de A Banda do Verán

Cultura no Camiño
Este espectáculo musical e teatral da Banda do Verán baséase no libro-disco editado por Galaxia Estamos no verán!!!
Quen non pensou algunha vez de pequeno na posibilidade de montar unha banda de música?
O artista Xoán Curiel protagoniza este show. Partindo do relato de como comezou a coñecer e conectar coa música, as nenas e nenos o acompañan nesta aventura, mentres o espectáculo vaise transformando nun concerto.
Estilos musicais variados como o pop, rock, tradicional, reggae ou funky atópanse nesta experiencia participativa e refrescante, que fai espertar a imaxinación e as ganas de abrir as orellas e as mentes.